s.m. 1. Construcción de palla, barro ou outros materiais, que fan as aves para poñeren os ovos e criaren. Nese bidueiro hai un niño de xílgaro. 2. Por ext., lugar onde nacen e viven outros animais.Neste burato hai un niño de víboras. Niño de raposos. CF. cova, gorida, tobeira. 3. fig. Lugar onde se realiza calquera actividade non legal ou que precisa ser ocultada. Ese organismo é un niño de ladróns. Niño de amor. u Tamén se di nío.





![s.m. 1. Parte máis ou menos prolongada da cara dos mamíferos, onde está a boca e o nariz. O fociño do porco, da vaca. SIN. morro. 2. Por ext., parte da cara das persoas que comprende a boca e o nariz ou, nalgúns sitios, só o nariz. OBS. Úsase a miúdo en plural. Vai lava-los fociños. De fociños.loc. adv. [En caídas ou golpes] dando coa cara contra algo. Caeu de fociños. Foi de fociños contra a parede. / Mete--los fociños(en algo). Intervir alguén nun asunto alleo sen que lle sexa pedido, causando molestia.](http://25.media.tumblr.com/tumblr_lzwwmlIO271rq0jh9o1_500.jpg)

